lunes, 16 de febrero de 2009

Xornada inaugural dos actos do Ano Internacional das Fibras Naturais

2009 ANO INTERNACIONAL DAS FIBRAS NATURAIS.
O LIÑO UNIVERSAL. FONTE DE CULTURA E DESENVOLVEMENTO
Data: Sábado, 07/03/2009
Hora: 11:00 da mañán
Lugar: Palacio de Cristal. O Allo. Baio. Zas

O 2009 foi declarado por Nacións Unidas como Ano Internacional das Fibras Naturais. O senso fundamental desta proposta é o de realzar a importancia das fibras naturais para así fornecer a súa demanda e contribuir a un maior benestar dos agricultores que o producen. A Asociación Amigos do Liño quixo unirse a este acontecemento programando un conxunto de actividades para todo o ano.
Esta xornada constitúe a inauguración dun programa sinxelo pero ambicioso que persegue dar a coñecer a universalidade do liño no espazo e tamén no tempo, e descubrir o seu potencial cultural e económico, nun contexto de desenvolvemento sostible.
Esperamos que este esforzo revirta positivamente en Zas, na Costa da Morte e en Galicia, dentro dunha perspectiva internacional que beneficia á humanidade.

1. Presentación da xornada por parte de Carmen Riveiro Ferreiro. Presidenta da Asociación Amigos do Liño

2. Presentación dos carteis da "Exaltación da Fía do Liño"

3. Mesa redonda sobre "O liño universal. Fonte de cutura e desenvolvemento":

Moderador:
Ricardo García Mira. Doctor en Psicoloxía. Profesor titular de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña. Coordinador da Unidade de Investigación Persoa-Ambiente

Intervencións:

A importancia das fibras naturais: o liño no ensino. Utilización do liño en produtos alimentarios.
Santiago Rodilla Labrador. Inxeñeiro técnico textil. Profesor do Ciclo Superior de Patronaxe e Coordinador de Programas Europeos do IES Paseo das Pontes.

Implantación do cultivo do liño para a innovación na alimentación animal.
Ismael Martínez Lede. Director de I+D+I de FEIRACO. Licenciado en Veterinaria e en Ciencias Biolóxicas. Coordinador de Proxectos de I+D na implantación do cultivo de variedades de liño oleaxinoso ricas en Omega-3.

Liño, artesanía e desenvolvemento local
Rosa Mª Sánchez Martínez. Licenciada en Ciencias Empresariais. Máster en Desenvolvemento Local. Técnica de Emprego no Concello de Vimianzo. Copropietaria do establecemento de turismo rural Casa de Trillo. Directiva na Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local (Afiprodel).

Promoción asociativa da artesanía de fibras naturais. O liño.
Manuel González Arias. Presidente da Asociación Galega de Artesáns.

INSCRICIÓNS: Asociación Amigos do Liño. Tel 696 268 923. Sede Rúa Vidal Ríos , 4. Baio.

1 comentario:

  1. Boas,

    levo unhas cantas chamadas a tendas agrícolas preguntando por sementes de liño e non hai maneira de conseguilas. Finalmente nunha tenda de Cambre faláronme da vosa asociación, así que me gustaría poñerme en contacto con vos. Na miña zona tense cultivado moito liño, aínda hai polas casas os aparellos para tratalo e as vellas aínda lembran ter levado o liño ao río a ablandar, mais ninguén ten semente. Poderíadesme dicir onde podo atopala?.

    un saúdo,
    daniel (monfero@gmail.com)

    ResponderEliminar